Lugo acolle dende hoxe a primeira Muestra de Teatro Especial Galicia, que consistirá na representación de catro obras de teatro realizadas polos grupos da fundación Anade.
Ás representacións, que serán gratuítas, está prevista a asistencia de 3.000 alumnos dos centros educativos de Lugo, das etapas de Infantil e Primaria. Estas terán lugar ás once e media da mañá no Auditorio Gustavo Freire.
O programa iniciarase hoxe coa obra Érase una vez... ¿un cuento?, a cargo do grupo Teatro Paladio, de Segovia. Esta obra representarase tamén o martes. O mércores, día 23, será o turno do grupo La Mancha, de Ciudad Real, que porá en escea a obra Don Quijote en la Mancha. Este mesmo grupo representará o día 24 a obra La Olla.
O grupo lucense Pinchacarneiro pechará o programa o venres, día 25, coa obra La Academia. Esta obra sitúa ó espectador, mediante a risa e a comedia, no mesmo instante no que se pecha un telón e os actores volven a ser persoas de diario, coas súas inquedanzas e vivencias persoais.
|