Idiomas:
ANGRA DO HEROÍSMO  |   ÉVORA  |   GUIMARAES  |   LUGO  |   PORTO  |   SANTIAGO DE COMPOSTELA  
New details
Xornada para nenos discapacitados
[ 6/2/2005]
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou a xornada de actividades para nenos discapacitados do colexio de educación especial Santa María que terá lugar o próximo sábado, 4 de xuño.

A Concelleira, acompañada por María del Carmen López, profesora do Centro, e unha responsable da Fundación Solidaria Carrefour, explicou que esta actividade conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente. Os nenos xogarán durante o sábado no parque do recinto feiral, ó carón do río Miño. Terán monitores da Fundación Carrefour á súa disposición. A firma comercial tamén correrán cos custes da comida, transporte e material didáctico dos pequenos.

En total participarán 18 rapaces do centro especial Santa María de entre 12 e 18 anos que sufren discapacidades físicas ou psíquicas. A partir das doce do mediodía os pequenos comezarán a debuxar en contacto coa natureza.

Está previsto que o luns, 6 de xuño, se faie o concurso de debuxo no centro Carrefour, onde tamén se instalará unha exposición cos traballos.

www.concellodelugo.org/concello/actualidade.asp
Home :  Noticias